Comprobando a Terceira Lei de Newton Entre as actividades que o Club de Ciencias do CPPI dos Dices está a desenvolver, encóntrase a elaboración caseira de "Foguetes de Azucre". Trátase dunha actividade na que se colaboran a Quím,ica e a Física para lanzar un foguete ao espacio. O máis laborioso e preparar a mestura de "pólvora blanca" coa que imos encender o foguete. Non só teñen que ir os compoñentes da reacción debidamente pulverizados e mesturados , senon que ademais debemos evitar que conteña demaisaada humidade; doutro xeito o invento non funcionaría. E este foi o noso talón de Aquiles: a pesares de que quentabamos os compoñentes da mestura para que foran ben secos, a humidade ambiental era tan elevada que fixo que fracasasen algúns dos intentos realizados. Báiscamente o procedemento consiste en mesturar 36 gramos de azucre (sacarosa ou azucre de mesa) en po, e 65 gramos de nitrato potásico que é un abono moi empregado en agricultura . Hai que ter a precau...