Proxecto Tyto (3) Este ano foi un ano de sobresaltos para as nosas curuxas. Cando chegamos ao centro no mes de Setembro (2020), atopámonos coa desagradable sorpresa de que o centro estaba ches de andamios, e os obreiros estaban traballando nas cubertas. Cando remataron as obras, fomos correndo a poñer a cámara e descubrimos que as nosas curuxas non daban sinais de vida...e así sería durante os próximos 4 meses. A nosa teima de que as obras espantaran as curuxas parecia confirmarse. Foi, sen embargo, polo mes de Xaneiro-Febreiro deste ano , cando descubrimos que as curuxas andaban de novo no seu fogar, e que ademais a parella estaba na faena para traer novas curuxas ao mundo. Xa o ano pasado traeran 4 crias (que nos sepamos) ainda que unha apareceu morta no chan, precisamente a que era máis cativa de todas. Constatamos a supervivencia de dúas crías que acadaron un tamaño case tan grande como os pais. Nestes momentos ainda non se ven as crías, pero como xa acaban as act...