Ir al contenido principal

Proxecto Tyto (3)

 Proxecto Tyto (3)

Este ano foi un ano de sobresaltos para as nosas curuxas. 

Cando chegamos ao centro no mes de Setembro (2020), atopámonos coa desagradable sorpresa de que o centro estaba ches de andamios, e os obreiros estaban traballando nas cubertas. Cando remataron as obras, fomos correndo a poñer a cámara e descubrimos que as nosas curuxas non daban sinais de vida...e así sería durante os próximos 4 meses. A nosa teima de que as obras espantaran as curuxas parecia confirmarse.

 Foi, sen embargo, polo mes de Xaneiro-Febreiro deste ano , cando descubrimos que as curuxas andaban de novo no seu fogar, e que ademais a parella estaba na faena para traer novas curuxas ao mundo. Xa o ano pasado traeran 4 crias (que nos sepamos) ainda que unha apareceu morta no chan, precisamente a que era máis cativa de todas. Constatamos a supervivencia de dúas crías que acadaron un tamaño case tan grande como os pais.

Nestes momentos ainda non se ven as crías, pero como xa acaban as actividades do club de ciencia, non poderemos expoñer os resultados ata o ano que ven.

Desgraciadamente, unha nova ameaza pon en risco a supervivencia das nosas curuxas, e é que as cubertas do centro van a ser sustituidas. 

Intentaremos por todos os medios que se respete o buraco no cal viven as curuxas, pois xa forman parte da comunidade "educativa", e que podamos seguir disfrutando da súa presencia por moitos anos.













Comentarios

Entradas populares de este blog

   Matemáticas Divertidas: A Cúpula de Leonardo Leonardo da Vinci é un deses personaxes históricos do que todos temos escoitado falar algunha vez. Pintor, escultor, arquitecto, enxañeiro, inventor e un largo etcétera de disciplinas foi as que cultivou profusamente ao longo da súa vida. Por iso, con moita frecuencia, dise de él que foi un xenio. Unha das tarefas as que adicou o seu tempo, foi a experimentación con distintos elementos e patróns para a construción de cúpulas. Imitando eses mesmos patróns, realizamos  unha actividade no noso centro que recibe o nome de "LeonarDome", que está incluida na programación do Club de Ciencia. A actividade foi dirixida polo profesor de matemáticas Jullio Rodríguez Taboada, e nela o alumnando tiña que construir unha cúpula facendo uso dunhas pezas de madeira. Estas pezas , todas da mesma forma e tamaño, van montadas unhas sobre outras sen ningún tipo de adhesivo ou suxección. O seu peculiar diseño fai que ao dispoñelas unhas sobre out...
  Comprobando a Terceira Lei de Newton Entre as actividades que o Club de Ciencias do CPPI dos Dices está a desenvolver, encóntrase a elaboración caseira de "Foguetes de Azucre". Trátase dunha actividade na que se colaboran a Quím,ica e a Física  para lanzar un foguete ao espacio.  O máis laborioso e preparar a mestura de "pólvora blanca" coa que imos encender o foguete. Non só teñen que ir os compoñentes da reacción debidamente pulverizados e mesturados , senon que ademais debemos evitar que conteña demaisaada humidade; doutro xeito o invento non funcionaría. E este foi o noso talón de Aquiles: a pesares de que quentabamos os compoñentes da mestura para que foran ben secos, a humidade ambiental era tan elevada que fixo que fracasasen algúns dos intentos realizados. Báiscamente o procedemento consiste en mesturar 36 gramos de azucre (sacarosa ou azucre de mesa) en po,  e 65 gramos de nitrato potásico que é un abono moi empregado en agricultura . Hai que ter a precau...
  Cebriñas no laboratorio Un ano máis , e xa van uns cuantos,  preparámonos para iniciar un novo programa de cultivo e cría do peixe cebra no laboratorio. O peixe cebra é unha nova especie que se emprega como modelo nos proxectos de investigación, como tamén  o son o coñecido rato de laboratorio, a mosca da froita ou a Escherichia coli, entre outras.. Os investigadores, fixaron os seus ollos nel pola faciidade de cría, o custo baixo de obtención e mantemento, e as posibilidades nos distintos proxectos de investigación. Entre as súas características destaca a altísima capacidade de rexeneración, o cal abre novas posibilidades na medicina rexenerativa de órganos na especie humana. No laboratorio temos tres acuarios e toda a parafernalia para o seu mantemento e cría: termostatos, filtros, parideiras, tiras de control de calidade da auga, etc, etc. O alumnado participante neste proxecto encárgase do funcionamento da peceira, a alimentación dos peixes, o control dos parámetros...