Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021
 Construindo casas para os paxaros No Club de Ciencias do CPPI dos Dices tamén tratamos de mellorar o medio ambiente que nos rodea. E para elo iniciamos unha actividade que consiste en construir e colocar caixas niño polos arredores do noso centro,  para favorecer o aniñamento dos paxaros. En realidade non é unha actividade nova, pois xa a fixeramos anos atrás con bastante éxito.  Esta nova etapa de colocación de caixas niño para os paxaros comenzámola o ano pasado. Se ben durante ese curso non foron ocupadas, pois certamente temos que dicir que colocámolas un pouco tarde,  este ano puidemos comprobar que unha delas xa ten inquilinos, precisamente a que está colocada na enorme Catalpa da entrada do instituto. Como  estamos a finais de  Febreiro, pode que ainda estén nos inicios de acondicionamento do "chalet". Tampouco temos claro quen exactamente está ocupando a caixa. Se ben vimos entrar e sair un macho e unha femia de Ferreiro bacachís (Herrerillo común)...
Fabricando Ferro No Club de Ciencias do CPPI dos Dices, e moi a pesar das dificultades que a pandemia do coronavirus está causando a toda a comunidade educativa, tentamos de continuar mantendo as nosas actividades,  ainda que lóxicamente a un ritmo e intensidade moi inferior a de anos anteriores. As mascarillas, os xeles hidroalcohólicos e os rollos de papel de limpeza, forman parte dos novos materiais do laboratorio, en donde desenvolvemos boa parte da nosa actividade. E desta vez decidimos experimentar co mundo da química, concretamente cunha reacción que é usada dende hai moitos anos con distintos fins: a "aluminotermia". Estas reacións usan o aluminio como redutor para obter distintos metais a partires dos seus óxidos. No noso caso usamos o aluminio para reducir o óxido de ferro (III) e así obter ferro metálico, proceso que é usado entre outros, para a soldadura de railes nas vías férreas..  Para facer a reacción mesturamos 20 gramos de Óxido de Ferro (III) en pó, con Alu...