Ir al contenido principal

Fabricando Ferro

No Club de Ciencias do CPPI dos Dices, e moi a pesar das dificultades que a pandemia do coronavirus está causando a toda a comunidade educativa, tentamos de continuar mantendo as nosas actividades,  ainda que lóxicamente a un ritmo e intensidade moi inferior a de anos anteriores. As mascarillas, os xeles hidroalcohólicos e os rollos de papel de limpeza, forman parte dos novos materiais do laboratorio, en donde desenvolvemos boa parte da nosa actividade.

E desta vez decidimos experimentar co mundo da química, concretamente cunha reacción que é usada dende hai moitos anos con distintos fins: a "aluminotermia". Estas reacións usan o aluminio como redutor para obter distintos metais a partires dos seus óxidos.

No noso caso usamos o aluminio para reducir o óxido de ferro (III) e así obter ferro metálico, proceso que é usado entre outros, para a soldadura de railes nas vías férreas.. 

Para facer a reacción mesturamos 20 gramos de Óxido de Ferro (III) en pó, con Aluminio puro,  tamén en pó. Ademais como catalizador empregamoss un pouco de Dióxido de Bario. Por último como mecha para iniciar a reacción usamos unha tira de Magnesio, previamente raspada para eliminar o óxido que ten sobre a súa superficie. A temperatura da reacción acadada é moi alta, do orden dos 2000 grados centígrados, polo que nos poñemos a unha distancia de seguridade razonable e debidamente protexidos para evitar accidentes.

Ni que dicir que continuaremos, na medida das nosas posibilidades, con novas actividades que podan seguir satisfacendo a nosa curiosidade pola ciencia.







Comentarios

Entradas populares de este blog

   Matemáticas Divertidas: A Cúpula de Leonardo Leonardo da Vinci é un deses personaxes históricos do que todos temos escoitado falar algunha vez. Pintor, escultor, arquitecto, enxañeiro, inventor e un largo etcétera de disciplinas foi as que cultivou profusamente ao longo da súa vida. Por iso, con moita frecuencia, dise de él que foi un xenio. Unha das tarefas as que adicou o seu tempo, foi a experimentación con distintos elementos e patróns para a construción de cúpulas. Imitando eses mesmos patróns, realizamos  unha actividade no noso centro que recibe o nome de "LeonarDome", que está incluida na programación do Club de Ciencia. A actividade foi dirixida polo profesor de matemáticas Jullio Rodríguez Taboada, e nela o alumnando tiña que construir unha cúpula facendo uso dunhas pezas de madeira. Estas pezas , todas da mesma forma e tamaño, van montadas unhas sobre outras sen ningún tipo de adhesivo ou suxección. O seu peculiar diseño fai que ao dispoñelas unhas sobre out...
 Construindo casas para os paxaros No Club de Ciencias do CPPI dos Dices tamén tratamos de mellorar o medio ambiente que nos rodea. E para elo iniciamos unha actividade que consiste en construir e colocar caixas niño polos arredores do noso centro,  para favorecer o aniñamento dos paxaros. En realidade non é unha actividade nova, pois xa a fixeramos anos atrás con bastante éxito.  Esta nova etapa de colocación de caixas niño para os paxaros comenzámola o ano pasado. Se ben durante ese curso non foron ocupadas, pois certamente temos que dicir que colocámolas un pouco tarde,  este ano puidemos comprobar que unha delas xa ten inquilinos, precisamente a que está colocada na enorme Catalpa da entrada do instituto. Como  estamos a finais de  Febreiro, pode que ainda estén nos inicios de acondicionamento do "chalet". Tampouco temos claro quen exactamente está ocupando a caixa. Se ben vimos entrar e sair un macho e unha femia de Ferreiro bacachís (Herrerillo común)...
  Cebriñas no laboratorio Un ano máis , e xa van uns cuantos,  preparámonos para iniciar un novo programa de cultivo e cría do peixe cebra no laboratorio. O peixe cebra é unha nova especie que se emprega como modelo nos proxectos de investigación, como tamén  o son o coñecido rato de laboratorio, a mosca da froita ou a Escherichia coli, entre outras.. Os investigadores, fixaron os seus ollos nel pola faciidade de cría, o custo baixo de obtención e mantemento, e as posibilidades nos distintos proxectos de investigación. Entre as súas características destaca a altísima capacidade de rexeneración, o cal abre novas posibilidades na medicina rexenerativa de órganos na especie humana. No laboratorio temos tres acuarios e toda a parafernalia para o seu mantemento e cría: termostatos, filtros, parideiras, tiras de control de calidade da auga, etc, etc. O alumnado participante neste proxecto encárgase do funcionamento da peceira, a alimentación dos peixes, o control dos parámetros...