Ir al contenido principal

 Construindo casas para os paxaros

No Club de Ciencias do CPPI dos Dices tamén tratamos de mellorar o medio ambiente que nos rodea. E para elo iniciamos unha actividade que consiste en construir e colocar caixas niño polos arredores do noso centro,  para favorecer o aniñamento dos paxaros. En realidade non é unha actividade nova, pois xa a fixeramos anos atrás con bastante éxito. 

Esta nova etapa de colocación de caixas niño para os paxaros comenzámola o ano pasado. Se ben durante ese curso non foron ocupadas, pois certamente temos que dicir que colocámolas un pouco tarde,  este ano puidemos comprobar que unha delas xa ten inquilinos, precisamente a que está colocada na enorme Catalpa da entrada do instituto. Como  estamos a finais de  Febreiro, pode que ainda estén nos inicios de acondicionamento do "chalet". Tampouco temos claro quen exactamente está ocupando a caixa. Se ben vimos entrar e sair un macho e unha femia de Ferreiro bacachís (Herrerillo común), poisbles moradores, tamén vimos merodear pola caixa a un Ferreiro abelleiro (Carbonero común) que non sabemos se está competindo pola mesma.

Este ano continuaremos colocando novas caixas, e supervisando as que hai para comprobar se son ocupadas.

Damos polo tanto a benvida aos nosos novos, fermosos e simpáticos veciños.



Comentarios

Entradas populares de este blog

   Matemáticas Divertidas: A Cúpula de Leonardo Leonardo da Vinci é un deses personaxes históricos do que todos temos escoitado falar algunha vez. Pintor, escultor, arquitecto, enxañeiro, inventor e un largo etcétera de disciplinas foi as que cultivou profusamente ao longo da súa vida. Por iso, con moita frecuencia, dise de él que foi un xenio. Unha das tarefas as que adicou o seu tempo, foi a experimentación con distintos elementos e patróns para a construción de cúpulas. Imitando eses mesmos patróns, realizamos  unha actividade no noso centro que recibe o nome de "LeonarDome", que está incluida na programación do Club de Ciencia. A actividade foi dirixida polo profesor de matemáticas Jullio Rodríguez Taboada, e nela o alumnando tiña que construir unha cúpula facendo uso dunhas pezas de madeira. Estas pezas , todas da mesma forma e tamaño, van montadas unhas sobre outras sen ningún tipo de adhesivo ou suxección. O seu peculiar diseño fai que ao dispoñelas unhas sobre out...
  Comprobando a Terceira Lei de Newton Entre as actividades que o Club de Ciencias do CPPI dos Dices está a desenvolver, encóntrase a elaboración caseira de "Foguetes de Azucre". Trátase dunha actividade na que se colaboran a Quím,ica e a Física  para lanzar un foguete ao espacio.  O máis laborioso e preparar a mestura de "pólvora blanca" coa que imos encender o foguete. Non só teñen que ir os compoñentes da reacción debidamente pulverizados e mesturados , senon que ademais debemos evitar que conteña demaisaada humidade; doutro xeito o invento non funcionaría. E este foi o noso talón de Aquiles: a pesares de que quentabamos os compoñentes da mestura para que foran ben secos, a humidade ambiental era tan elevada que fixo que fracasasen algúns dos intentos realizados. Báiscamente o procedemento consiste en mesturar 36 gramos de azucre (sacarosa ou azucre de mesa) en po,  e 65 gramos de nitrato potásico que é un abono moi empregado en agricultura . Hai que ter a precau...
  Cebriñas no laboratorio Un ano máis , e xa van uns cuantos,  preparámonos para iniciar un novo programa de cultivo e cría do peixe cebra no laboratorio. O peixe cebra é unha nova especie que se emprega como modelo nos proxectos de investigación, como tamén  o son o coñecido rato de laboratorio, a mosca da froita ou a Escherichia coli, entre outras.. Os investigadores, fixaron os seus ollos nel pola faciidade de cría, o custo baixo de obtención e mantemento, e as posibilidades nos distintos proxectos de investigación. Entre as súas características destaca a altísima capacidade de rexeneración, o cal abre novas posibilidades na medicina rexenerativa de órganos na especie humana. No laboratorio temos tres acuarios e toda a parafernalia para o seu mantemento e cría: termostatos, filtros, parideiras, tiras de control de calidade da auga, etc, etc. O alumnado participante neste proxecto encárgase do funcionamento da peceira, a alimentación dos peixes, o control dos parámetros...