Ir al contenido principal
Dos gabinetes de ciencias dos institutos históricos, aos clubs de ciencia e o STEMbach




O mércores 11 de Marzo deste ano, o CPPI dos Dices participou nunhas xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega sobre as actividades de ciencia nos centros de ensino de Galiza .Estas xornadas foron coordinadas por D. Javier Méndez Zunzunegui, que foi profesor de tecnoloxía do noso centro por máis dunha ducia de anos e agora profesor do IES Arcebispo Xelmírez II.
Nestas xornadas fomos invitados a participar 6 institutos galegos, para mostrar as  actividades desenvolvidas a través dos respectivos clubs de ciencia .
Foron unhas xornadas intensas, nas cales poidemos aprender das actividades realizadas por outros centros, como a identificación de fármacos neuroprotectores, o estudo da contaminación do río Touro, a fabricación dun satélite no interior dunha lata, así como  demostracións prácticas de diversas experiencias científicas tanto no eido da física como da química.


No noso caso, o alumnado do CPPI dos Dices  (no vídeo do enlace a partires do minuto 39), acompañado polos profesores de ciencias Eva e Javier,  presentou unha escolma dos traballos levados o cabo ao longo deste curso académico, entre os que figuraban os seguintes:
- Fabricación de foguetes de azucre
- Estudo dos microorganismos das fontes e lavadoiros abandoados de Rois
- Proxecto de investigación escolar "Tyto"
- Obtención de cristais a partires dunha disolución de dihidroxenofosfato de amonio
- Fabricación de Slime
- Estudo dos micromoluscos da Praia da Aguieira
- Cría e estudo do desenvolvemento embrionario do peixe cebra (Danio rerio).
A xornada rematou cunha visita as instalacións do museo do Instituto Arcebispo Xelmírez de Santiago.
























Club de Ciencia do CPPI dos Dices


Comentarios

Entradas populares de este blog

   Matemáticas Divertidas: A Cúpula de Leonardo Leonardo da Vinci é un deses personaxes históricos do que todos temos escoitado falar algunha vez. Pintor, escultor, arquitecto, enxañeiro, inventor e un largo etcétera de disciplinas foi as que cultivou profusamente ao longo da súa vida. Por iso, con moita frecuencia, dise de él que foi un xenio. Unha das tarefas as que adicou o seu tempo, foi a experimentación con distintos elementos e patróns para a construción de cúpulas. Imitando eses mesmos patróns, realizamos  unha actividade no noso centro que recibe o nome de "LeonarDome", que está incluida na programación do Club de Ciencia. A actividade foi dirixida polo profesor de matemáticas Jullio Rodríguez Taboada, e nela o alumnando tiña que construir unha cúpula facendo uso dunhas pezas de madeira. Estas pezas , todas da mesma forma e tamaño, van montadas unhas sobre outras sen ningún tipo de adhesivo ou suxección. O seu peculiar diseño fai que ao dispoñelas unhas sobre out...
 Construindo casas para os paxaros No Club de Ciencias do CPPI dos Dices tamén tratamos de mellorar o medio ambiente que nos rodea. E para elo iniciamos unha actividade que consiste en construir e colocar caixas niño polos arredores do noso centro,  para favorecer o aniñamento dos paxaros. En realidade non é unha actividade nova, pois xa a fixeramos anos atrás con bastante éxito.  Esta nova etapa de colocación de caixas niño para os paxaros comenzámola o ano pasado. Se ben durante ese curso non foron ocupadas, pois certamente temos que dicir que colocámolas un pouco tarde,  este ano puidemos comprobar que unha delas xa ten inquilinos, precisamente a que está colocada na enorme Catalpa da entrada do instituto. Como  estamos a finais de  Febreiro, pode que ainda estén nos inicios de acondicionamento do "chalet". Tampouco temos claro quen exactamente está ocupando a caixa. Se ben vimos entrar e sair un macho e unha femia de Ferreiro bacachís (Herrerillo común)...
  Cebriñas no laboratorio Un ano máis , e xa van uns cuantos,  preparámonos para iniciar un novo programa de cultivo e cría do peixe cebra no laboratorio. O peixe cebra é unha nova especie que se emprega como modelo nos proxectos de investigación, como tamén  o son o coñecido rato de laboratorio, a mosca da froita ou a Escherichia coli, entre outras.. Os investigadores, fixaron os seus ollos nel pola faciidade de cría, o custo baixo de obtención e mantemento, e as posibilidades nos distintos proxectos de investigación. Entre as súas características destaca a altísima capacidade de rexeneración, o cal abre novas posibilidades na medicina rexenerativa de órganos na especie humana. No laboratorio temos tres acuarios e toda a parafernalia para o seu mantemento e cría: termostatos, filtros, parideiras, tiras de control de calidade da auga, etc, etc. O alumnado participante neste proxecto encárgase do funcionamento da peceira, a alimentación dos peixes, o control dos parámetros...