Ir al contenido principal

 Cebriñas no laboratorio


Un ano máis , e xa van uns cuantos,  preparámonos para iniciar un novo programa de cultivo e cría do peixe cebra no laboratorio.
O peixe cebra é unha nova especie que se emprega como modelo nos proxectos de investigación, como tamén  o son o coñecido rato de laboratorio, a mosca da froita ou a Escherichia coli, entre outras..
Os investigadores, fixaron os seus ollos nel pola faciidade de cría, o custo baixo de obtención e mantemento, e as posibilidades nos distintos proxectos de investigación. Entre as súas características destaca a altísima capacidade de rexeneración, o cal abre novas posibilidades na medicina rexenerativa de órganos na especie humana.
No laboratorio temos tres acuarios e toda a parafernalia para o seu mantemento e cría: termostatos, filtros, parideiras, tiras de control de calidade da auga, etc, etc.
O alumnado participante neste proxecto encárgase do funcionamento da peceira, a alimentación dos peixes, o control dos parámetros físico-químico-biolóxicos, a limpeza e todoas as actuacións necesarios para manter a peceira e os nosos peixes nunhas condicións óptimas. Únicamente deste modo poderemos abordar o reto máis grande de todos: a cría dos peixes e o seu estudo. Ao ser os ovos transparentes podemos seguir todo o proceso de desenvolvemento embrionario e de formación dos distintos órganos dende o zigoto ata que eclosiona e se converte en adulto.
Todo un desafio para este novo curso 2020-2021  que comeza, todo hai que dicilo,  con certa inquietude e baixo a ameaza dun "pirata" das nosas células, que está en permanente estado de alerta para aproveitar calquera descuido e colarse sin invitación nas nosas vidas: o  famosísimo SARS-Cov 2.



Comentarios

Entradas populares de este blog

   Matemáticas Divertidas: A Cúpula de Leonardo Leonardo da Vinci é un deses personaxes históricos do que todos temos escoitado falar algunha vez. Pintor, escultor, arquitecto, enxañeiro, inventor e un largo etcétera de disciplinas foi as que cultivou profusamente ao longo da súa vida. Por iso, con moita frecuencia, dise de él que foi un xenio. Unha das tarefas as que adicou o seu tempo, foi a experimentación con distintos elementos e patróns para a construción de cúpulas. Imitando eses mesmos patróns, realizamos  unha actividade no noso centro que recibe o nome de "LeonarDome", que está incluida na programación do Club de Ciencia. A actividade foi dirixida polo profesor de matemáticas Jullio Rodríguez Taboada, e nela o alumnando tiña que construir unha cúpula facendo uso dunhas pezas de madeira. Estas pezas , todas da mesma forma e tamaño, van montadas unhas sobre outras sen ningún tipo de adhesivo ou suxección. O seu peculiar diseño fai que ao dispoñelas unhas sobre out...
 Construindo casas para os paxaros No Club de Ciencias do CPPI dos Dices tamén tratamos de mellorar o medio ambiente que nos rodea. E para elo iniciamos unha actividade que consiste en construir e colocar caixas niño polos arredores do noso centro,  para favorecer o aniñamento dos paxaros. En realidade non é unha actividade nova, pois xa a fixeramos anos atrás con bastante éxito.  Esta nova etapa de colocación de caixas niño para os paxaros comenzámola o ano pasado. Se ben durante ese curso non foron ocupadas, pois certamente temos que dicir que colocámolas un pouco tarde,  este ano puidemos comprobar que unha delas xa ten inquilinos, precisamente a que está colocada na enorme Catalpa da entrada do instituto. Como  estamos a finais de  Febreiro, pode que ainda estén nos inicios de acondicionamento do "chalet". Tampouco temos claro quen exactamente está ocupando a caixa. Se ben vimos entrar e sair un macho e unha femia de Ferreiro bacachís (Herrerillo común)...