Matemáticas Divertidas: A Cúpula de Leonardo
Leonardo da Vinci é un deses personaxes históricos do que todos temos escoitado falar algunha vez. Pintor, escultor, arquitecto, enxañeiro, inventor e un largo etcétera de disciplinas foi as que cultivou profusamente ao longo da súa vida. Por iso, con moita frecuencia, dise de él que foi un xenio.
Unha das tarefas as que adicou o seu tempo, foi a experimentación con distintos elementos e patróns para a construción de cúpulas.
Imitando eses mesmos patróns, realizamos unha actividade no noso centro que recibe o nome de "LeonarDome", que está incluida na programación do Club de Ciencia.
A actividade foi dirixida polo profesor de matemáticas Jullio Rodríguez Taboada, e nela o alumnando tiña que construir unha cúpula facendo uso dunhas pezas de madeira. Estas pezas , todas da mesma forma e tamaño, van montadas unhas sobre outras sen ningún tipo de adhesivo ou suxección. O seu peculiar diseño fai que ao dispoñelas unhas sobre outras se vaia construindo unha cúpula que se vai a soster polo seu propio peso.
Variando os patróns xeométricos nos que encaixemos as pezas de madeira, obteremos distintos tipos de cúpulas con características e propiedades diferentes.
Sen dúbida unha actividade que fomenta moito a creatividade, a visión espacial, os fundamentos científicos das construcións, a experimentación, e que ademais nos permite pasar un rato moi divertido.
Comentarios
Publicar un comentario