Ir al contenido principal
Proxecto de Investigación Escolar "TYTO"


Este curso iniciamos un novo proxecto de investigación escolar o que puxemos o nome de "TYTO".
A saber. Todos os anos, o alumnado de 1º de ESO fai unha práctica de laboratorio que consiste en analizar as egagrópilas dunha curuxa, cuxo nome científico e "Tyto alba".  Atopar egagrópilas non é doado, a non ser que coñezas a alguén que chas poda proporcionar. No noso caso é moi fácil, porque temos unha curuxa que leva vivindo no noso centro dende hai xa moitos anos, tantos que xa non sabemos se è a mesma.
As curuxas non "mastican" o seu alimento, normalmente composto por pequenos roedores e similares, senon que adoitan a tragalos enteiros. Unha vez dixerida a presa, quedan unha serie de restos, como pelos e osos, que son indixeribles, e o animal desfaise deles facendo unha pequena pelota que bota pola boca e que recibe o nome de egagrópila.
Dentro das actividades do Club de Ciencia do CPI dos Dices en Rois, recollemos periódicamente as egagrópilas e analizámolas no laboratorio para investigar de que se alimenta a nosa curuxa.
En todo caso, non quixemos que a nosa investigación ficara ahí. Porque o certo era que nunca víramos a curuxa, e non tiñamos moio claro se era unha curuxa ou podía ser calquera outra ave nocturna.
Polo tanto decidimos ampliar a nosa investigación e tratar de averiguar quen vivía nos tellado s do noso instituto. Para elo puxemos unha cámara de fototrampeo nas proximidades do oco onde supoñiamos que vivía a nosa curuxa. Esta cámara é de visión nocturna; e dicir, por medio de radiacións infravermellas pode detectar o movemento de animais e así poder filmalos e facerlles fotografías, todo sen facer uso de ningún tipo de luz que poidera incomodar ou alterar o comportamento do animal. Polo tanto filma en completa escuridade.
O procedemento de fototrampeo deu comezo en Febreiro, e programamos a cámara para que entrara en actividade ás 20h da tarde e se desconectara as 9  horas da mañá do día seguinte. Durante ese periodo, se o animal entraba no seu refuxio, a cámara o detectaría e o filmaría...ou esa era a teoría.
Como todas as investigacións, ésta tamén comezou con tropezos. Ante a ausencia de rexistro nas primeiras dúas semanas as dúbidas nos asaltaron: funcionaba mal a cámara, a tarxeta non era a adecuada, ou o que máis temiamos, que a curuxa detectara a presencia da nosa cámara "invisible" e decidirá sair por outro buraco distinto que ten dispoñible polo outro lado do edificio.
Ó final descubrimos que era un problema relacionado co formateo da tarxeta.
Solucionado este problema, a cámara empezou a rexistrar a presencia da nosa curuxa varias veces ó longo da noite durante todos o sdías da semana,;incluso en Marzo descubrimos que a nosa curuxa  tiña unha parella,  e que adeais se levaban moi ben....
A pesar do coronavirus, fomos quen de continuar renovando a tarxeta e as pilas da cámara unha vez cada tres semanas, e a día de hoxe continuamos recollendo información valiosísima sobre a vida da nosa curuxa. A ver que nos depara o futuro.

Club de Ciencias, CPI dos Dices, Rois

Fotografia retocada dixitalmente por Luís Lapido

Comentarios

Entradas populares de este blog

   Matemáticas Divertidas: A Cúpula de Leonardo Leonardo da Vinci é un deses personaxes históricos do que todos temos escoitado falar algunha vez. Pintor, escultor, arquitecto, enxañeiro, inventor e un largo etcétera de disciplinas foi as que cultivou profusamente ao longo da súa vida. Por iso, con moita frecuencia, dise de él que foi un xenio. Unha das tarefas as que adicou o seu tempo, foi a experimentación con distintos elementos e patróns para a construción de cúpulas. Imitando eses mesmos patróns, realizamos  unha actividade no noso centro que recibe o nome de "LeonarDome", que está incluida na programación do Club de Ciencia. A actividade foi dirixida polo profesor de matemáticas Jullio Rodríguez Taboada, e nela o alumnando tiña que construir unha cúpula facendo uso dunhas pezas de madeira. Estas pezas , todas da mesma forma e tamaño, van montadas unhas sobre outras sen ningún tipo de adhesivo ou suxección. O seu peculiar diseño fai que ao dispoñelas unhas sobre out...
  Comprobando a Terceira Lei de Newton Entre as actividades que o Club de Ciencias do CPPI dos Dices está a desenvolver, encóntrase a elaboración caseira de "Foguetes de Azucre". Trátase dunha actividade na que se colaboran a Quím,ica e a Física  para lanzar un foguete ao espacio.  O máis laborioso e preparar a mestura de "pólvora blanca" coa que imos encender o foguete. Non só teñen que ir os compoñentes da reacción debidamente pulverizados e mesturados , senon que ademais debemos evitar que conteña demaisaada humidade; doutro xeito o invento non funcionaría. E este foi o noso talón de Aquiles: a pesares de que quentabamos os compoñentes da mestura para que foran ben secos, a humidade ambiental era tan elevada que fixo que fracasasen algúns dos intentos realizados. Báiscamente o procedemento consiste en mesturar 36 gramos de azucre (sacarosa ou azucre de mesa) en po,  e 65 gramos de nitrato potásico que é un abono moi empregado en agricultura . Hai que ter a precau...
  Cebriñas no laboratorio Un ano máis , e xa van uns cuantos,  preparámonos para iniciar un novo programa de cultivo e cría do peixe cebra no laboratorio. O peixe cebra é unha nova especie que se emprega como modelo nos proxectos de investigación, como tamén  o son o coñecido rato de laboratorio, a mosca da froita ou a Escherichia coli, entre outras.. Os investigadores, fixaron os seus ollos nel pola faciidade de cría, o custo baixo de obtención e mantemento, e as posibilidades nos distintos proxectos de investigación. Entre as súas características destaca a altísima capacidade de rexeneración, o cal abre novas posibilidades na medicina rexenerativa de órganos na especie humana. No laboratorio temos tres acuarios e toda a parafernalia para o seu mantemento e cría: termostatos, filtros, parideiras, tiras de control de calidade da auga, etc, etc. O alumnado participante neste proxecto encárgase do funcionamento da peceira, a alimentación dos peixes, o control dos parámetros...