Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020
A célula ao descuberto Con moito interés, e gran maestría, o alumnado de 1º de ESO elaborou unhas maquetas da célula, tanto animal como vexetal, facendo uso de materiais diversos: madeira, plastilina, porexpan, etc. Con meticulosidade e precisión puxeron os distintos compoñentes e orgánulos da célula cos seus respectivos nomes para facer unhas uténticas obras de arte que foron expostas no noso centro. Club de Ciencias Rois
Dos gabinetes de ciencias dos institutos históricos, aos clubs de ciencia e o STEMbach O mércores 11 de Marzo deste ano, o CPPI dos Dices participou nunhas xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega sobre as actividades de ciencia nos centros de ensino de Galiza .Estas xornadas foron coordinadas por D. Javier Méndez Zunzunegui, que foi profesor de tecnoloxía do noso centro por máis dunha ducia de anos e agora profesor do IES Arcebispo Xelmírez II. Nestas xornadas fomos invitados a participar 6 institutos galegos, para mostrar as  actividades desenvolvidas a través dos respectivos clubs de ciencia . Foron unhas xornadas intensas, nas cales poidemos aprender das actividades realizadas por outros centros, como a identificación de fármacos neuroprotectores, o estudo da contaminación do río Touro, a fabricación dun satélite no interior dunha lata, así como  demostracións prácticas de diversas experiencias científicas tanto no eido da física como da química. ...
Movemento por capilaridade Dentro das actividades do club, traballamos moito o que é a aplicación da imaxe, fotografía ou vídeo, para amosar as nosas experiencias. Neste caso, o uso da fotografía foi fundamental. O que pretendiamos era visualizar cómo se move a  auga por capilaridade. É certo que hai moitas experiencias nas cales se mostra este aspecto de xeito instantáneo, pero nós quixemos ilustrar un exemplo no que o movemento da auga por capilaridade non é posible velo a simple vista. Para elo preparamos en vasos de precipitados tres disolucións de auga con colorante alimentario, e entre elas dous vasos de precipitados baleiros. Conectamos as disolucións cos matraces baleiros a traves de tiras dobladas de papel de filtro de laboratorio. O líquido ascendería por capilaridade e se mesturaría co líquido veciño no vaso baleiro, orixinando unha nova cor. Fixemos varios intentos na sala de fotografía do noso centro, nos cales tivemos que axustar os intervalos entre as fotografía...
Os Foguetes de Azucre Durante este curso,  unha das actividades "estrela" que levamos a cabo no Club de Ciencia do CPPI dos Dices foi a elaboración de foguetes de azucre. O reto era doado, poo menos a primeira vista, ainda que logo resultou non selo tanto. Para facelo o primeiro que habia que facer era mesturar 35 gramos de azucre con 65 gramos de nitrato potásico. O azucre mercámolo no super e era azucre glas en pó. O nitrato potásico é un abono moi común en agricultura. Polo tanto fomos mercalo a un viveiro de plantas. Esta mestura non funcionou, xa que o que nos venderon por nitrato potásico non o era. No seu lugar vendéronnos "potasa", que é unha mestura de compostos de potasio. Ainda que o nitrato potásico era doado de mercar por internet, onde o venden baixo o nome comercial de "salitre", o final mercámolo de laboratorio aproveitando un pedido. Esta vez a mestura si que funcionou. Tras medir e pulverizar as cantidades cun mortero, secámos os...
Proxecto de Investigación Escolar "TYTO" Este curso iniciamos un novo proxecto de investigación escolar o que puxemos o nome de "TYTO". A saber. Todos os anos, o alumnado de 1º de ESO fai unha práctica de laboratorio que consiste en analizar as egagrópilas dunha curuxa, cuxo nome científico e " Tyto alba " .  Atopar egagrópilas non é doado, a non ser que coñezas a alguén que chas poda proporcionar. No noso caso é moi fácil, porque temos unha curuxa que leva vivindo no noso centro dende hai xa moitos anos, tantos que xa non sabemos se è a mesma. As curuxas non "mastican" o seu alimento, normalmente composto por pequenos roedores e similares, senon que adoitan a tragalos enteiros. Unha vez dixerida a presa, quedan unha serie de restos, como pelos e osos, que son indixeribles, e o animal desfaise deles facendo unha pequena pelota que bota pola boca e que recibe o nome de egagrópila. Dentro das actividades do Club de Ciencia do CPI dos Dices...