Ir al contenido principal
Os Foguetes de Azucre


Durante este curso,  unha das actividades "estrela" que levamos a cabo no Club de Ciencia do CPPI dos Dices foi a elaboración de foguetes de azucre.
O reto era doado, poo menos a primeira vista, ainda que logo resultou non selo tanto. Para facelo o primeiro que habia que facer era mesturar 35 gramos de azucre con 65 gramos de nitrato potásico. O azucre mercámolo no super e era azucre glas en pó. O nitrato potásico é un abono moi común en agricultura. Polo tanto fomos mercalo a un viveiro de plantas. Esta mestura non funcionou, xa que o que nos venderon por nitrato potásico non o era. No seu lugar vendéronnos "potasa", que é unha mestura de compostos de potasio.
Ainda que o nitrato potásico era doado de mercar por internet, onde o venden baixo o nome comercial de "salitre", o final mercámolo de laboratorio aproveitando un pedido.
Esta vez a mestura si que funcionou. Tras medir e pulverizar as cantidades cun mortero, secámos os compoñentes nunha estufa eéctrica e a continuación introducimos a mestura nun tubo de PVC, cuxos extremos estaban tapados por sendos tapóns de area de gato. A area de gato mercámola nunha tenda de mascotas , e ademais de ser cara e de excelente calidade, non funcionaba porque os tapóns se desfacían. Polo tanto fomos de novo o super e mercamos a máis perralleira e barata que había e funcionou as mil maravillas.
A emoción foi grande cando vimos ascender o primeiro foguete cara o ceo; emoción que foi frustrada rápidamente pola ponla dunha árbore que se interpuso no seu camiño.
Na  2º proba, o foguete despegou perfectamente, ainda que o forte vento fixo que se desviara da vertical e fora nunha dirección non prevista.
Non temos a menor dúbida de que os próximos intentos van a ir dereitiños a estratosfera...
No vídeo adxunto podedes ver cómo se levou a cabo a experiencia.

Club de Ciencia do CPPI dos Dices


Comentarios

Entradas populares de este blog

   Matemáticas Divertidas: A Cúpula de Leonardo Leonardo da Vinci é un deses personaxes históricos do que todos temos escoitado falar algunha vez. Pintor, escultor, arquitecto, enxañeiro, inventor e un largo etcétera de disciplinas foi as que cultivou profusamente ao longo da súa vida. Por iso, con moita frecuencia, dise de él que foi un xenio. Unha das tarefas as que adicou o seu tempo, foi a experimentación con distintos elementos e patróns para a construción de cúpulas. Imitando eses mesmos patróns, realizamos  unha actividade no noso centro que recibe o nome de "LeonarDome", que está incluida na programación do Club de Ciencia. A actividade foi dirixida polo profesor de matemáticas Jullio Rodríguez Taboada, e nela o alumnando tiña que construir unha cúpula facendo uso dunhas pezas de madeira. Estas pezas , todas da mesma forma e tamaño, van montadas unhas sobre outras sen ningún tipo de adhesivo ou suxección. O seu peculiar diseño fai que ao dispoñelas unhas sobre out...
 Construindo casas para os paxaros No Club de Ciencias do CPPI dos Dices tamén tratamos de mellorar o medio ambiente que nos rodea. E para elo iniciamos unha actividade que consiste en construir e colocar caixas niño polos arredores do noso centro,  para favorecer o aniñamento dos paxaros. En realidade non é unha actividade nova, pois xa a fixeramos anos atrás con bastante éxito.  Esta nova etapa de colocación de caixas niño para os paxaros comenzámola o ano pasado. Se ben durante ese curso non foron ocupadas, pois certamente temos que dicir que colocámolas un pouco tarde,  este ano puidemos comprobar que unha delas xa ten inquilinos, precisamente a que está colocada na enorme Catalpa da entrada do instituto. Como  estamos a finais de  Febreiro, pode que ainda estén nos inicios de acondicionamento do "chalet". Tampouco temos claro quen exactamente está ocupando a caixa. Se ben vimos entrar e sair un macho e unha femia de Ferreiro bacachís (Herrerillo común)...
  Cebriñas no laboratorio Un ano máis , e xa van uns cuantos,  preparámonos para iniciar un novo programa de cultivo e cría do peixe cebra no laboratorio. O peixe cebra é unha nova especie que se emprega como modelo nos proxectos de investigación, como tamén  o son o coñecido rato de laboratorio, a mosca da froita ou a Escherichia coli, entre outras.. Os investigadores, fixaron os seus ollos nel pola faciidade de cría, o custo baixo de obtención e mantemento, e as posibilidades nos distintos proxectos de investigación. Entre as súas características destaca a altísima capacidade de rexeneración, o cal abre novas posibilidades na medicina rexenerativa de órganos na especie humana. No laboratorio temos tres acuarios e toda a parafernalia para o seu mantemento e cría: termostatos, filtros, parideiras, tiras de control de calidade da auga, etc, etc. O alumnado participante neste proxecto encárgase do funcionamento da peceira, a alimentación dos peixes, o control dos parámetros...