Ir al contenido principal

Entradas

Proxecto Tyto (3)

  Proxecto Tyto (3) Este ano foi un ano de sobresaltos para as nosas curuxas.  Cando chegamos ao centro no mes de Setembro (2020), atopámonos coa desagradable sorpresa de que o centro estaba ches de andamios, e os obreiros estaban traballando nas cubertas. Cando remataron as obras, fomos correndo a poñer a cámara e descubrimos que as nosas curuxas non daban sinais de vida...e así sería durante os próximos 4 meses. A nosa teima de que as obras espantaran as curuxas parecia confirmarse.  Foi, sen embargo, polo mes de Xaneiro-Febreiro deste ano , cando descubrimos que as curuxas andaban de novo no seu fogar, e que ademais a parella estaba na faena para traer novas curuxas ao mundo. Xa o ano pasado traeran 4 crias (que nos sepamos) ainda que unha apareceu morta no chan, precisamente a que era máis cativa de todas. Constatamos a supervivencia de dúas crías que acadaron un tamaño case tan grande como os pais. Nestes momentos ainda non se ven as crías, pero como xa acaban as act...
Entradas recientes
   Matemáticas Divertidas: A Cúpula de Leonardo Leonardo da Vinci é un deses personaxes históricos do que todos temos escoitado falar algunha vez. Pintor, escultor, arquitecto, enxañeiro, inventor e un largo etcétera de disciplinas foi as que cultivou profusamente ao longo da súa vida. Por iso, con moita frecuencia, dise de él que foi un xenio. Unha das tarefas as que adicou o seu tempo, foi a experimentación con distintos elementos e patróns para a construción de cúpulas. Imitando eses mesmos patróns, realizamos  unha actividade no noso centro que recibe o nome de "LeonarDome", que está incluida na programación do Club de Ciencia. A actividade foi dirixida polo profesor de matemáticas Jullio Rodríguez Taboada, e nela o alumnando tiña que construir unha cúpula facendo uso dunhas pezas de madeira. Estas pezas , todas da mesma forma e tamaño, van montadas unhas sobre outras sen ningún tipo de adhesivo ou suxección. O seu peculiar diseño fai que ao dispoñelas unhas sobre out...
  Comprobando a Terceira Lei de Newton Entre as actividades que o Club de Ciencias do CPPI dos Dices está a desenvolver, encóntrase a elaboración caseira de "Foguetes de Azucre". Trátase dunha actividade na que se colaboran a Quím,ica e a Física  para lanzar un foguete ao espacio.  O máis laborioso e preparar a mestura de "pólvora blanca" coa que imos encender o foguete. Non só teñen que ir os compoñentes da reacción debidamente pulverizados e mesturados , senon que ademais debemos evitar que conteña demaisaada humidade; doutro xeito o invento non funcionaría. E este foi o noso talón de Aquiles: a pesares de que quentabamos os compoñentes da mestura para que foran ben secos, a humidade ambiental era tan elevada que fixo que fracasasen algúns dos intentos realizados. Báiscamente o procedemento consiste en mesturar 36 gramos de azucre (sacarosa ou azucre de mesa) en po,  e 65 gramos de nitrato potásico que é un abono moi empregado en agricultura . Hai que ter a precau...
 Construindo casas para os paxaros No Club de Ciencias do CPPI dos Dices tamén tratamos de mellorar o medio ambiente que nos rodea. E para elo iniciamos unha actividade que consiste en construir e colocar caixas niño polos arredores do noso centro,  para favorecer o aniñamento dos paxaros. En realidade non é unha actividade nova, pois xa a fixeramos anos atrás con bastante éxito.  Esta nova etapa de colocación de caixas niño para os paxaros comenzámola o ano pasado. Se ben durante ese curso non foron ocupadas, pois certamente temos que dicir que colocámolas un pouco tarde,  este ano puidemos comprobar que unha delas xa ten inquilinos, precisamente a que está colocada na enorme Catalpa da entrada do instituto. Como  estamos a finais de  Febreiro, pode que ainda estén nos inicios de acondicionamento do "chalet". Tampouco temos claro quen exactamente está ocupando a caixa. Se ben vimos entrar e sair un macho e unha femia de Ferreiro bacachís (Herrerillo común)...
Fabricando Ferro No Club de Ciencias do CPPI dos Dices, e moi a pesar das dificultades que a pandemia do coronavirus está causando a toda a comunidade educativa, tentamos de continuar mantendo as nosas actividades,  ainda que lóxicamente a un ritmo e intensidade moi inferior a de anos anteriores. As mascarillas, os xeles hidroalcohólicos e os rollos de papel de limpeza, forman parte dos novos materiais do laboratorio, en donde desenvolvemos boa parte da nosa actividade. E desta vez decidimos experimentar co mundo da química, concretamente cunha reacción que é usada dende hai moitos anos con distintos fins: a "aluminotermia". Estas reacións usan o aluminio como redutor para obter distintos metais a partires dos seus óxidos. No noso caso usamos o aluminio para reducir o óxido de ferro (III) e así obter ferro metálico, proceso que é usado entre outros, para a soldadura de railes nas vías férreas..  Para facer a reacción mesturamos 20 gramos de Óxido de Ferro (III) en pó, con Alu...
  Cebriñas no laboratorio Un ano máis , e xa van uns cuantos,  preparámonos para iniciar un novo programa de cultivo e cría do peixe cebra no laboratorio. O peixe cebra é unha nova especie que se emprega como modelo nos proxectos de investigación, como tamén  o son o coñecido rato de laboratorio, a mosca da froita ou a Escherichia coli, entre outras.. Os investigadores, fixaron os seus ollos nel pola faciidade de cría, o custo baixo de obtención e mantemento, e as posibilidades nos distintos proxectos de investigación. Entre as súas características destaca a altísima capacidade de rexeneración, o cal abre novas posibilidades na medicina rexenerativa de órganos na especie humana. No laboratorio temos tres acuarios e toda a parafernalia para o seu mantemento e cría: termostatos, filtros, parideiras, tiras de control de calidade da auga, etc, etc. O alumnado participante neste proxecto encárgase do funcionamento da peceira, a alimentación dos peixes, o control dos parámetros...
 O misterioso mundo da física Dentro das múltiples actividades levadas a cabo polo club de ciencia, está a proposta de experimentos nos cales o alumnado, facendo uso de materiais esencialmente caseiros, ten que reproducir na súa casa investigacións clásicas nas que se mostren distintos principios da física e a química. Non só teñen que reproducir os trabalklos, senon que tamén  teñen que convertirse en comunicadores ,e deste xeito  amosar a todo o mundo  os procedementos realizados. Polo tanto o reto é dobre: por un lado levar a cabo os experimentos, e por outro convertirse en "youtubers" difundindo na rede os resultados obtidos. Titorizados por  Eva, a profesora de Física e Química, mostramos eiqui unha escolma dos traballos realizados.